Ir ó contido

Ir ó índice

Deus preocúpase por ti

Deus preocúpase por ti

O Autor da Biblia é Deus, e por iso nela atopamos os mellores consellos que existen. Aínda que non é un manual sobre medicina, pode axudarnos a soportar circunstancias angustiosas, pensamentos que nos rouban a tranquilidade, sentimentos que nos provocan moita dor e problemas graves de saúde, tanto físicos coma mentais.

Pero o máis importante é que a Biblia nos asegura que o noso Creador, Xehová, a entende os nosos pensamentos e sentimentos mellor ca ninguén. Ademais, quere axudarnos a superar calquera problema ó que nos enfrontemos. Por exemplo, vexamos dous versículos da Biblia que nos animan:

“Xehová está cerca dos que teñen o corazón feito pedazos; salva os que están afundidos no desánimo” (SALMO 34:18TNM).

“Porque eu, o Señor, son o teu Deus, que te collo da man dereita. Eu son quen che digo: non teñas medo. Eu son quen te axuda” (ISAÍAS 41:13).

Entón, como pode axudarnos Deus se temos problemas relacionados coa saúde mental? Nos seguintes artigos explícase de que maneiras nos demostra Xehová que de verdade se preocupa por nós.

a Xehová, ou Iavé, é o nome de Deus (Isaías 42:8).