Ir ó contido

É real o inferno? Segundo a Biblia, que é o inferno?

É real o inferno? Segundo a Biblia, que é o inferno?

O que di a Biblia

 Algunhas traducións antigas da Biblia, como a Scío de San Miguel e a AGL usan a palabra inferno nalgúns versículos (Salmo 16:10, TNM [15:10, Scío]; Feitos 2:27, TNM a). Como mostra a imaxe relixiosa deste artigo, moita xente cree que o inferno é un lugar de lume eterno onde se castiga as persoas malas. Pero é iso o que ensina a Biblia?

Neste artigo veremos o seguinte:

 É o inferno un lugar de sufrimento eterno?

 Non. Os termos orixinais traducidos como inferno nalgunhas traducións antigas da Biblia (en hebreo, Xeol; en grego, Hades) refírense á Tumba, é dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. A Biblia amosa que as persoas que están na Tumba simplemente xa non existen.

  •   Os mortos non están conscientes nin senten dor. “No habrá obra y pensamiento, y conocimiento y sabiduría a donde tú vas” (Eclesiastés 9:10, Jünemann). O inferno non está cheo de gritos de dor. É máis, a Biblia di: “Que los malvados pasen vergüenza, que queden callados en la tumba” [“infierno”, La Biblia del Oso] (Salmo 31:17, Nueva Traducción Viviente [31:18, La Biblia del Oso]; 115:17).

  •   Deus dixo que o castigo polo pecado é a morte, non o inferno. Deus díxolle a Adam, o primeiro home, que o castigo por incumprir a súa lei sería a morte (Xénese 2:17). Non dixo nada sobre un tormento eterno no inferno. Máis tarde, despois de que Adam pecara, Deus díxolle cal sería o seu castigo: “Ti es po e ó po tes que volver” (Xénese 3:19). É dicir, Adam deixaría de existir. Se Deus realmente estivese enviando a Adam ó inferno, ben seguro que o mencionaría. Deus non cambiou o castigo por desobedecer as súas leis. Moito tempo despois de que Adam pecara, Deus inspirou un escritor da Biblia para que dixese: “O xornal do pecado é a morte” (Romanos 6:23). Non é necesario un castigo maior pois “o que morre queda liberado do pecado” (Romanos 6:7).

  •   A idea dun tormento eterno é algo detestable para Deus (Xeremías 32:35). Esta idea contradí a ensinanza da Biblia de que “Deus é amor” (1 Xoán 4:8). Quere que o adoremos polo moito que lle queremos, non por medo a un tormento eterno (Mateo 22:36-38).

  •   Persoas boas foron ó inferno. As Biblias que usan a palabra inferno ou Xeol indican que homes fieis, como Xacob e Xob, esperaban ir ó inferno (Xénese 37:35, TNM; Xob 14:13). Din tamén que Xesucristo estivo no inferno entre o tempo da súa morte e da súa resurrección (Feitos 2:31, 32, AGL). Polo tanto, cando nestas Biblias se usa a palabra inferno, simplemente refírese á Tumba. b

 Que significa a parábola do home rico e Lázaro que contou Xesús?

 Xesús foi quen usou esta parábola que atopamos en Lucas 16:19-31. As parábolas son ilustracións que nos ensinan leccións morais ou espirituais. A parábola do home rico e Lázaro non é unha historia real (Mateo 13:34). Para saber máis acerca desta historia, podes ler o artigo “Quen era o home rico e Lázaro?”.

 Representa o inferno estar separado de Deus?

 Non. A doutrina que ensina que os mortos poden decatarse de que non teñen unha relación con Deus, contradí a Biblia. A Palabra de Deus ensina claramente que os mortos non son conscientes de nada (Salmo 146:3, 4, TNM; Eclesiastés 9:5).

 Volveu alguén do inferno?

 Si. A Biblia dá detalles de como nove persoas foron á Tumba (traducido como inferno nalgunhas Biblias) e de como foron resucitadas. c Se cando estiveron no inferno fosen conscientes do seu entorno, poderían falar sobre o que experimentaron alí. Pero é moi interesante como ningún dos nove mencionou que foran torturados nin que lles sucedera ningunha outra cousa. Por que? Tal e como nos ensina a Biblia, non estaban conscientes. Era coma se estivesen nun “sono” profundo (Xoán 11:11-14; 1 Corintios 15:3-6, TNM).

a Algunhas traducións modernas en galego e español, non usan a palabra inferno en Feitos 2:27. Algunhas usan “el sepulcro” (Nueva Versión Internacional, Dios habla hoy), “sitio dos mortos” (SEPT) o “los muertos” (Biblia del nuevo milenio, Nueva Traducción Viviente). Outras simplemente fan a transliteración da palabra grega como “Hades” (Novo Testamento de Manuel Casado Nieto).

c Ver 1 Reis 17:17-24; 2 Reis 4:32-37; 13:20, 21; Mateo 28:5, 6; Lucas 7:11-17; 8:40-56; Xoán 11:38-44; Feitos 9:36-42; 20:7-12.

d Novo Testamento: Feitos dos Apóstolos, Epístolas de San Paulo, Epístolas Católicas, Apocalipsis de San Xoan. Versión galega de Manuel Casado Nieto. Barcelona, Ediciones Saturno, Vento que Zoa, 1974.