Ir ó contido

Que é a espiritualidade? Podo ser unha persoa espiritual sen pertencer a unha relixión?

Que é a espiritualidade? Podo ser unha persoa espiritual sen pertencer a unha relixión?

O que di a Biblia

 Cando a Biblia fala do termo espiritualidade refírese ó forte desexo de agradar a Deus e aprender a pensar coma el. Unha persoa espiritual esfórzase por vivir de acordo cos valores de Deus e trata de seguir a guía do seu espírito santo a (Romanos 8:5; Efesios 5:1).

 Para explicar este termo, a Biblia dinos que fai a xente que non é espiritual. Por exemplo, a persoa física ou “o home material non capta o que é propio do Espírito de Deus”, é dicir, as ensinanzas de Deus (1 Corintios 2:14-16, ONT1998). A diferenza da persoa espiritual, a persoa carnal promove a “rivalidade e discordia” en vez de xenerosidade e paz (1 Corintios 3:1-3). Ademais, ás persoas que acusan falsamente a outras e separan os seus amigos chámaselles “homes ‘animais’ que non teñen espírito” (Xudas 19; Proverbios 16:28). b

Neste artigo veremos o seguinte:

 Por que podemos ser persoas espirituais?

 Podemos ser persoas espirituais porque Deus nos fixo á súa imaxe (Xénese 1:27). Polo tanto, non nos sorprende que moitas persoas valoren e desexen aprender acerca de cousas que non poder ver nin tocar.

 Todos nacemos coa capacidade de imitar as calidades de Xehová c, como ser pacíficos, misericordiosos e imparciais (Santiago 3:17). Ademais, Deus fortalece a espiritualidade dos que se esforzan por obedecer os seus mandatos (Feitos 5:32).

 Por que é importante que sexamos persoas espirituais?

 Sendo persoas espirituais teremos “vida e paz” (Romanos 8:6). Estes son dous regalos de moito valor que nos dá Deus.

  •   Vida: Deus promete darlles vida eterna ás persoas espirituais (Xoán 17:3; Gálatas 6:8).

  •   Paz: Isto implica estar en paz con Deus. Os que só se centran nas súas necesidades físicas son inimigos de Deus (Romanos 8:7). A maiores, Deus recompensa os que se esforzan por cultivar a súa espiritualidade. Dálles “a paz de Deus, que supera toda intelixencia” (Filipenses 4:6, 7). Esa paz interior fai que teñan unha vida feliz (Mateo 5:3, TNM).

 Como podo ser unha persoa espiritual?

  •   Aprendendo cales son os mandatos de Deus e obedecéndoos. Podes conseguilo lendo a Biblia. Alí atoparás os pensamentos de Deus que puxeron por escrito homes que foron “levados polo Espírito Santo” (2 Pedro 1:21). O que aprendas axudarache a adorar a Deus “en espírito e verdade”, é dicir, seguindo a guía do espírito santo e de acordo coa vontade de Deus (Xoán 4:24).

  •   Pedíndolle axuda a Deus en oración (Lucas 11:13). Deus axudarache a demostrar calidades propias dunha persoa espiritual (Gálatas 5:22, 23). Tamén pode darche a sabedoría necesaria para afrontar os problemas do día a día (Santiago 1:5).

  •   Relacionándote con persoas espirituais. Eles vante animar a aumentar a túa espiritualidade (Romanos 1:11, 12). Pola contra, a amizade coas persoas que non seguen os principios de Deus vai debilitar a túa espiritualidade (Santiago 4:4).

 Necesito pertencer a unha relixión para ser unha persoa espiritual?

 Unha persoa non é espiritual tan só por pertencer a unha relixión. A Biblia di: “Se algún de vós se ten por relixioso e non refrea a língoa, senón que engana ao seu corazón, a súa relixión é valdeira” (Santiago 1:26, Novo Testamento de Manuel Casado Nieto d).

 A Biblia ensina que as persoas espirituais adoran a Deus do xeito que El establece. Recoñecen que hai “un só Espírito”, o espírito santo, o cal móveos a adorar a Deus coma “un só corpo”, un grupo organizado que se esforza por “mante-la unidade do espírito no vínculo da paz” (Efesios 4:1-4).

 Ideas erróneas sobre a espiritualidade

 Idea equivocada: A espiritualidade é calquera xeito de vida que axuda a unha persoa a estar satisfeita consigo mesma ou a dar o mellor de si.

 Realidade: A Biblia di que unha persoa espiritual guíase na vida polas normas de Deus e non intenta ser unha boa persoa seguindo o seu propio camiño. A persoa espiritual está satisfeita cando recoñece a Xehová como o seu Creador e vive segundo o seu propósito (Salmo 100:3).

 Idea equivocada: Unha persoa pode aumentar a súa espiritualidade renunciando a cousas das que desfruta ou facéndose dano a si mesma.

 Realidade: Maltratar o noso corpo é unha forma de adoración que un mesmo se impón, unha maneira de pensar carnal que non vén de Deus (Colosenses 2:18, 23). A Biblia di que a vida dunha persoa espiritual está chea de alegría e non de sufrimento (Proverbios 10:22, TNM).

 Idea equivocada: Intentar conectar co mundo dos espíritos, por exemplo a través do espiritismo, favorece o crecemento da espiritualidade.

 Realidade: Unha forma de espiritismo é a crenza de que as persoas vivas poden falar cos que morreron. Pola contra, a Biblia ensina que os mortos non son conscientes de nada (Eclesiastés 9:5). En realidade, o espiritismo é intentar comunicarse con criaturas espirituais que son inimigas de Deus. Por iso o espiritismo enfada a Deus e afástanos de ser persoas espirituais (Levítico 20:6; Deuteronomio 18:11, 12).

 Idea equivocada: Tódalas persoas son espirituais por natureza.

 Realidade: Todo o que Deus creou dálle honra (Salmo 145:10; Romanos 1:20). Con todo, só os seres humanos poden cultivar a espiritualidade. En cambio, os animais actúan por instinto, é dicir, as súas necesidades físicas motivan as súas accións e por iso non poden chegar a ser amigos de Deus (2 Pedro 2:12). Por tanto, a Biblia di que os pensamentos e comportamentos animais son opostos á espiritualidade (Santiago 3:15; Xudas 19).

a Nos idiomas nos que se escribiu a Biblia, a palabra “espírito” ten o significado básico de “alento”. Tamén pode referirse a algo que é invisible pero que dá mostras de ser unha forza en movemento. A Biblia describe a Deus coma o Ser espiritual Supremo. A persoa espiritual toma as súas decisións baseándose no que lle gusta a Deus e na guía do seu espírito santo.

b Cando na Biblia se fala de persoas “carnais” ou “físicas” refírese a aquelas que toman as súas decisións baseándose nas súas necesidades físicas, con pouco ou ningún aprecio polas normas de Deus.

c Segundo a Biblia, Xehová ou Iavé é o nome de Deus (Isaías 42:8).

d Novo Testamento: Feitos dos Apóstolos, Epístolas de San Paulo, Epístolas Católicas, Apocalipsis de San Xoan. Versión galega de Manuel Casado Nieto. Barcelona, Ediciones Saturno, Vento que Zoa, 1974.