Ir ó contido

Por que non usan a cruz as testemuñas de Xehová?

Por que non usan a cruz as testemuñas de Xehová?

 Moita xente ve a cruz como o símbolo universal do cristianismo. Agora ben, as testemuñas de Xehová somos cristiáns e non usamos a cruz. Por que?

 Unha das razóns é que a Biblia indica que Xesús non morreu nunha cruz, senón nun poste. Ademais, manda claramente ós cristiáns: “Fuxide da idolatría”. Isto inclúe non usar a cruz (1a Corintios 10:14; 1a Xoán 5:21).

 Xesús tamén dixo: “Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros” (Xoán 13:34, 35). Polo tanto, o que realmente indentifica ós cristiáns verdadeiros e o amor dos uns ós outros, non a cruz ou calquera outro símbolo.