Ir ó contido

Pode unha persoa decidir deixar de ser testemuña de Xehová?

Pode unha persoa decidir deixar de ser testemuña de Xehová?

 Si. Calquera testemuña de Xehová pode deixar de ser membro da nosa confesión relixiosa de dúas maneiras:

  •   Mediante unha solicitude formal. Unha persoa pode informar, oralmente ou por escrito, de que non desexa seguir sendo testemuña de Xehová.

  •   Mediante as súas accións. Unha persoa podería facer algo que demostre que non quere seguir sendo testemuña de Xehová (1 Pedro 5:9). Por exemplo, podería converterse a outra relixión e manifestar a súa intención de formar parte dela (1 Xoán 2:19).

Se unha persoa deixa de predicar ou de ir ás reunións, deixa de ser testemuña de Xehová?

 Non. Non é o mesmo renunciar a ser testemuña de Xehová, por petición ou acción, que debilitarse na fe. Ás veces, unha persoa deixa temporalmente as súas prácticas relixiosas, pero non ten por que significar que perdese a fe; pode deberse, por exemplo, a que estea pasando por un período de desánimo. Así que non lle damos as costas. Máis ben buscamos a forma de apoiala e animala (1 Tesalonicenses 5:14; Xudas 22). Se a persoa desexa axuda, os responsables da congregación, ou anciáns, serán os primeiros en ofrecerlla (Gálatas 6:1; 1 Pedro 5:1-3).

 Así a todo, os anciáns non poden obrigar a ninguén a seguir sendo testemuña de Xehová. Cadaquén escolle a súa relixión (Xosué 24:15). Nós cremos que adorar a Deus debe ser decisión persoal e voluntaria (Isaías 6:8; Mateo 22:37).