Ir ó contido

Obrigan as testemuñas de Xehová ós seus fillos a facerse da súa mesma relixión?

Obrigan as testemuñas de Xehová ós seus fillos a facerse da súa mesma relixión?

 Non, porque a adoración a Deus é un asunto persoal (Romanos 14:12). As testemuñas de Xehová ensinámoslles os principios da Biblia ós nosos fillos, mais son eles os que, ó medraren, deberán decidir se serán ou non testemuñas de Xehová (Romanos 12:2; Gálatas 6:5).

 Igual cá maioría dos pais, as testemuñas de Xehová queremos o mellor para os nosos fillos. Por iso lles ensinamos o que pensamos que lles será de proveito: aptitudes que lles serán de moito valor, principios morais e crenzas relixiosas. Pensamos que a Biblia promove a mellor forma de vivir, así que tratamos de inculcarlles eses valores ós nosos fillos. Para conseguilo estudamos a Biblia con eles e levámolos connosco ás nosas reunións (Deuteronomio 6:6, 7). Grazas a ese coñecemento, ó medrar, cada neno poderá decidir se adoptará ou non as crenzas dos seus pais.

 Bautizan meniños as testemuñas de Xehová?

 Non. A Biblia non aproba o bautismo de meniños. Por exemplo, a Biblia mostra que os cristiáns do primeiro século escoitaron a mensaxe da Biblia, aceptárona de bo grado, arrepentíronse e, despois, bautizáronse (Feitos 2:14, 22, 38, 41). Así pois, para bautizarse hai que ter suficiente idade para comprender e crer os ensinos da Biblia, e decidir vivir de acordo con eles. Un meniño non pode facer iso.

 Conforme os nenos van medrando poden decidir bautizarse. Pero, para facelo, deben entender o compromiso que asumen.

 Rexeitan as testemuñas de Xehová a un fillo se non quere bautizarse?

 Non. Os pais seguen querendo ó seu fillo e, inda que se sintan tristes, non van cortar a súa relación con el só porque decida non bautizarse.

Sen importar a idade que teña, cada persoa debe decidir por si mesma se vai bautizarse ou non

 Por que levan as testemuñas de Xehová os seus fillos a predicar con eles?

 Facémolo por varias razóns. Algunhas delas son: a

  •   A Biblia mándalles ós pais ensinarlles acerca de Deus ós seus fillos e educalos para que o sirvan (Efesios 6:4). Xa que servir a Deus inclúe falarlles a outros das crenzas que un ten, a predicación é unha parte importante desa educación (Romanos 10:9, 10; Hebreos 13:15).

  •   A Biblia anima especificamente os mozos a que “louven o nome do Señor” (Salmo 148:12, 13). Unha das mellores maneiras de louvar a Deus é falándolles del a outras persoas. b

  •   Hai moitos beneficios de que os cativos vaian predicar cos seus pais. Por exemplo, aprenden a falar con todo tipo de persoas e iso ensínalles calidades como a compaixón, a bondade, o respecto e a abnegación. Ó mesmo tempo tamén entenden mellor o fundamento bíblico das súas crenzas.

 Participan as testemuñas de Xehová en festas ou noutras celebracións?

 As testemuñas de Xehová non participamos en festas e outras celebracións que non lle agradan a Deus (2 Corintios 6:14-17; Efesios 5:10) c. Por exemplo, non celebramos os aniversarios de nacemento ou o Nadal, tal como tampouco non o facían os primeiros cristiáns.

 Porén, si que nos gusta pasar tempo coa familia e facémoslles agasallos ós nosos fillos. No canto de permitirmos que o almanaque nos marque cando temos que estar coa familia ou cando temos que dar agasallos, decidimos facelo durante todo o ano.

Os pais cristiáns desfrutan dándolles agasallos ós seus fillos

a Polo xeral os fillos das testemuñas de Xehová só van predicar cos seus pais ou con outro adulto responsable.

b A Biblia menciona moitos nenos que compraceron a Deus ó falarlles a outros sobre as súas crenzas (2 Reis 5:1-3; Mateo 21:15, 16; Lucas 2:42, 46, 47).

d Cambiáronse algúns nomes.