Ir ó contido

Un regalo de Deus na Feira do Libro de Gaudeamus

Un regalo de Deus na Feira do Libro de Gaudeamus

A cidade de Cluj-Napoca, unha das máis grandes de Romanía, é coñecida como a cidade tesouro. Do 20 ó 24 de abril de 2016, celebrouse nesta cidade a Feira do Libro de Gaudeamus. As testemuñas de Xehová instalaron un posto para achegar ós asistentes os valores e consellos da Biblia. Falaron con milleiros de persoas que se acercaban a ver os vídeos, Biblias, e publicacións bíblicas.

Algúns colexios organizaron visitas escolares á feira e os profesores achegáronse ó posto das testemuñas de Xehová cos seus alumnos. Ós nenos gustoulles especialmente a serie de animación Faite amigo de Xehová, e moitos quixeron levar o libro Mi libro de historias bíblicas e o folleto Aprendamos da Biblia en familia. Despois de ver os vídeos dispoñibles en jw.org, unha coidadora díxolle a outro membro do seu equipo: “Temos que anotar o nome desta páxina para ensinarlles estes debuxos ós nenos”.

Ós adolescentes encantáronlles os vídeos do taboleiro animado que se podían ver nas tabletas, entre eles Será amor ou só un capricho?, Se enredas coas redes, non te enredes! e Podes vencer o acoso sen devolver o golpe!.

Un sacerdote ortodoxo maila súa muller achegáronse varias veces ó posto e levaron a Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras e algúns folletos. O sacerdote quedou impresionado polo “Índice de palabras bíblicas” que contén esta tradución e pola cantidade de fontes acreditadas nas que se basearon os tradutores. Deulles o número de teléfono as testemuñas de Xehová e pediulles que o visitasen para falar sobre a Biblia.

A muller do sacerdote preguntou se en jw.org tamén había contidos para nenos. Ensináronlle a sección dirixida ós nenos e gustoulle moito o vídeo Di sempre a verdade. Despois de ver as diferentes seccións da páxina, o seu home dixo que jw.org era “un regalo de Deus para todos”.